martes, 24 de marzo de 2020

A COMETA E A ÁRBORE


A envexa é un sentimento de desgusto cara á alegría do outro, este sentimento transfórmase en ; resentimento, indignación, ira, pena, desesperación... e que despois pasan a ser pensamentos desagradables cara á outra persoa.

Consellos para tratar a envexa nos nenos:

 - Fomentar o esforzo. O neno debe ter claro que con queixas cara ao que teñen outros  non se conseguen as cousas.

 - Razoar co neno. A  figura adulta debe canalizar a ansiedade ante os seus desexos non cumpridos e explicarlle que non todo se pode ter na vida e que algunhas situacións resultan frustrantes.

- En primeira persoa. Cando o neno sente envexa por outra persoa faille ver que sentiría se fose ao revés.

 - Valorar ao neno. O máis importante para que o neno non senta envexa é que se senta valorado.


 *A continuación deixamos un conto para que poidades míralo xuntos e axudarlles a reflexionar .



No hay comentarios:

Publicar un comentario