martes, 17 de marzo de 2020

EDUCACIÓN ESPECIAL - TRASVASE

OLA!!

Seguimos traballando un día máis. 

Aquí vos deixo o calendario de hoxe actualizado :)


Xa non vos poño os enlaces das cancións da rutina, podedes consultalas no anterior POST.





Xunto con esta actividade do calendario, en cada sesión programamos as seguintes tarefas a realizar utilizando pictogramas, para anticipar e dar seguridade os nosos nen@s.

Para a sesión de hoxe propóñovos traballar o TRASVASE, ¡¡encántalles!!




É unha actividade que realizamos moito na nosa aula, xa que é moi importante para:


  • Desenrolo da destreza óculo-manual
  • Coordinación muscular
  • Psicomotricidade fina
  • Estimulación sensorial
  • Traballamos a atención e a concentración
  • Autonomía persoal

Para poder realizala tarefa non precisamos grandes cousas:

MATERIAL:


  • Recipientes/utensilios de diferentes tipos (cucharas, pinzas embudos...)formas, tamaños... 
  • Elementos de trasvase: auga, garvanzos, arroz...calqueira elemento ou obxecto que se vos ocurra. (Na clase utilizamos tamén cascabeis, pompones, pezas...canto máis ruido fai no trasvase, máis lles gusta e motiva)
É aconsellable comezar con substancias de maior consistencia e ir gradualmente pasando a substancias máis finas, segundo vaian mellorando a técnica.

PASOS A SEGUIR:

IMPORTANTE: traballamos sempre de ESQUERDA a DEREITA, posto que este orde o utilizaremos posteriormente na lectura, escritura...

- Debemos mostrarlle sempre o neno cómo facelo, e posteriormente invitarlle a que o realice por IMITACIÓN.

- Nos casos de máis dificultade utilizaremos a técnica de MODELAMENTO tantas veces como faga falta. En ocasións, é necesario sempre modelar a actividade por iso precisaremos da vosa axuda PAIS E NAIS...

- MODELAMENTO: recoméndovos poñervos por detrás do nen@ e modelar as mans dende esa perspectiva.

- Segundo vaian avanzando debemos propoñerlles novos retos e ir complicando a actividade.

- Non vos preocupedes se nalgúns casos a actividade é curta, moitos nen@s precisan descansar, moverse, levantarse...na clase tamén nos pasa! 
En canto vemos que xa está relaxad@ voltamos a modelar e continuamos coa actividade as veces necesarias, respetando sempre o seu espacio e ritmo de traballo.


NON VOS ESQUEZADES DE DISFRUTAR COA ACTIVIDADE!!! :))


 MANIPULAR, SENTIR, TOCAR, PROBAR E SOBRE TODO DIVERTIROS EN FAMILIA!!!

Espero que vos guste a actividade!!

Adxunto  exemplos de trasvase para facilitarvos a explicación!!







Video: https://www.youtube.com/watch?v=fs73-UYyB00





Apertas :)

Ali

No hay comentarios:

Publicar un comentario