viernes, 27 de marzo de 2020

EXERCICIOS BUCALES

Exercicios orofaciales que nos axudarán a mellorar a pronunciación. Voso fillo debe entendelo como un xogo. Se podedes facelos diante dun espello mellor. Aquí vos deixamos algúns exemplos:
  • Sacar e meter a lingua da boca a distintos ritmos.
  • Lingua á dereita, lingua á esquerda.
  • Boca aberta. Levar a lingua arriba e abaixo.
  • Boca pechada. Levar lingua ao carón e a outro.
  • Pasar a lingua polos beizos.
  • Pasar a lingua por dentro dos beizos.
  • Facer o trote do cabalo.
  • Facer exercicios de vibración de lingua.
  • Abrir e pechar a boca sen descolocar a lingua da zona alveolar.
  • Dobrar a lingua cara arriba.
  • Varrer o padal co ápice da lingua.
  • Inflar as fazulas e desinflar. 
  • Sorrir sen abrir a boca. 
  • Sorrir coa boca aberta. 
  • Sorrir emitindo as vogais "i", "a".
  •  Soster un bolígrafo, lapis ou pajita co beizo superior.
  • Tirar bicos.
  • Proxectar os beizos cara á dereita e esquerda.
  • Cos beizos proxectados abrir e pechar.
  • Facer vibrar os beizos.
  • Abrir e pechar a boca coma se se bostezara.
  • O beizo superior esconde ao inferior.
Propoñémosvos algúns xogos para traballar estos exercicios.

- Podedes facer dúas pelotas de papeis e xogar ás carreiras. O xogo consistirá en chegar á meta soamente soprando á pelota, non se pode tocar.
-Colocando un lapis, boli ou pajita enriba dos beizos teremos que cruzar un recorrido da casa, atravesando obstáculos, sen que caia o obxeto elixido.
- Podemos axudarnos dalgún material motivador ( globo, piruleta, chupachups, pluma, etc.) que logo llo deixaremos para que xogueou coma. Ollo cos globos.
- Outro xogo seria convertervos en espellos. Empezariades vós facendo os movementos que queirades e eles terán que copialos. Despois cambiariades os roles.
- Xogar á oca da boca.

- Conto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario