viernes, 17 de abril de 2020

AS EMOCIÓNS (O MONSTRO DAS CORES)

Bos días familias! Como estades? Esperamos que todos e todas esteades ben e levando estes días da mellor maneira. Hoxe queremos que traballedes cos peques as emocións coa axuda do conto O monstro das cores de Anna LLenas.
VIDEO DO CONTO


Unha vez visto o conto podedes traballar as emocións a través de diferentes tarefas:
  •     ALEGRÍA:  debuxar as cousas que nos fan estar contentos/as, por exemplo, xogar cos amigos e amigas.
  •          TRISTEZA: facer o monstro usando soamente unha cor azul.
  •          RABIA: debuxarnos con cara de enfadado.
  •          MEDO: debuxar ou escribir aquelas cousas que nos dan medo.
  •     CALMA: poñer música relaxante ou lenta e cunha cor verde debuxar ao ritmo de música.
  •    AMOR: debuxar unha situación que nos encante como cando damos ou recibimos un abrazo ou podes corear a seguinte imaxe
Con este xogo de Memory podemos xogar a atopar as emocións: EMOCIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario