BOS DÍAS FAMILIAS!!!
Hoxe vos propoñemos dúas receitas para amenizar estes días confinamento e poñerlles un pouquiño de doce.
HOTCAKES DE CORES
INGREDENTES
- Unha taza e media de fariña
- 1 culler de azucre
- Unha taza e un cuarto de leite
- 1 ovo
- 3 culleres de manteiga derretida
- Un pouco de esencia de vainilla
- Colorantes alimentarios
Para decorar podedes poñerlles: froitas, miel, iogur... o que máis os guste!!
PREPARACIÓN
- Nun recipiente mesturamos a fariña co azucre.
- Engadimos o leite, ovo, manteiga e vainilla, mesturamos todo ata obter unha mestura homoxénea.
- Dividimos a mestura en tantos recipientes como cores teñamos e mesturamos os colorantes coa masa.
- Vertemos un pouco de cada mestura nunha sartén ata ter todas feitas.
- As decoramos e...A COMER!!!
Un saúdo.😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario