lunes, 20 de abril de 2020

TAREFAS 4º DE INFANTIL

Bos días a tod@s!!
Hoxe comeza outra semana máis, e,... cal é o primeiro día da semana? rodeádeo no calendario e,... cantas semanas e cantos días levamos na casa? podedes contalos coa axuda de papá ou mamá.
Ánimo que xa queda menos 😚😚

Comezamos coa canción da planta Petronila, con ela imos coñecer as partes dunha planta.



Na seguinte actividade diferenciamos e coloreamos as partes da planta, tamén imos rodear as letras A que conteñan as palabras.


Lemos a poesía e debuxamos


Asociamos a grafía e cantidade do número 3 e realizamos a grafomotricidade.


Por último, propoño que plantedes as vosas sementes para así poder observar o crecemento dunha planta.
É moi sinxelo, só tedes que ter un recipiente, pode ser de cristal, un vaso de iogur,... o que queirades, se o decorades quedará máis chulo.
Collemos un pouco de algodón, introducímolo no envase que teñamos e empapámolo en auga, logo botamos as sementes, poden ser lentellas, garavanzos, fabas,... o que teñades na casa.

Que necesitan as plantas para medrar? auga e sol, así que poñédeas nun lugar soleado e,... a coidalas moito!! O algodón debe estar sempre empapado, así que procurade regalas a miúdo.







Xa me contaredes como van medrando 😉


Moitos bicos ata mañá 😘😘😘





No hay comentarios:

Publicar un comentario