miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días a tod@s!!

Hoxe cambiamos de mes e temos que adiantar unha folla do calendario, xa estamos en Abril!! que é o mes número 4. Lembrade escoitar a canción dos meses do ano.

Imos comezar repasando as figuras xeométricas.
No cole xogábamos moito cos bloques lóxicos grandes e pequenos de cor azul, vermella e amarela a facer clasificacións, debuxos, etc...
Imos lembralos no seguinte vídeo:


Despois, nunha folla intentamos debuxar o foguete coas figuras xeométricas traballadas, tamén podemos colorealo, seguro que vos saen moi chulos, sabedes que as creacións propias son as que máis me gustan.
Cando estea rematado podemos facer que despegue contando cara atrás os números da recta numérica do 10 ao 0, como contan os astronautas.


A continuación propoño unha actividade creativa con pasta que podemos levar a cabo ao longo da semana, aquí vos deixo algunhas propostas, elixide a que máis vos guste ou facede a vosa propia.










Moitos bicos ata mañá  😘😘😘




No hay comentarios:

Publicar un comentario