martes, 14 de abril de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días a tod@s!!
Que tal foron estas vacacións especiais?
Espero que esteades todos ben, con forza e ánimo, xogando moito en familia, facendo algo de deporte, cociñando receitas boísimas e axudando coas tarefas domésticas.
Hoxe retomamos as tarefas do cole, xa que aínda temos que continuar co confinamento e polo tanto, co cole a distancia. 😌
Agradézovos moito todo o traballo e o esforzo que estades realizando nesta situación tan complicada para tod@s.

Comezamos o día  😊😊😊


Lembrade riscar no calendario os días que xa pasaron, rodear o día que é hoxe e cantade as cancións da asemblea.

Continuamos xogando e lembrando as figuras xeométricas traballadas, no seguinte enlace podedes acceder a diversos xogos para repasalas.


Finalmente propóñovos realizar unha manualidade coas diferentes figuras, podedes facelas de diferentes cores e tamaños e, si queredes logo xogades con elas. 😉


E ata aquí o traballo do primeiro día do terceiro trimestre.

Moito ánimo, xa queda menos e xuntos conseguirémolo  💪💪

😍😍😍




No hay comentarios:

Publicar un comentario