Como xa sabedes, comezamos colocando o día que é hoxe no calendario, lembramos o día da semana, o mes e a estación.
Despois da asemblea, comezamos coa canción da letra i.
Repasamos o i, rodeamos os debuxos e coloreamos as palabras que o conteñan.
Realizamos a grafomotricidade, moi despaciño coa direccionalidade correcta e rodeamos o I das seguintes palabras.
Déixovos ata mañá co conto "O coelliño branco", logo podedes facer un debuxo do coelliño, seguro que vos sae moi chulo, e si queredes, enviádemo ao meu correo electrónico inespondal@gmail.com.
Bicos e apertas 😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario