Comezamos como tódolos días coas cancións da asemblea, riscamos o día de onte e rodeamos o día que é hoxe no calendario, día da semana, mes, estación,...
Lembrade en todas as tarefas que realicedes escribir o nome, e podedes intentalo tamén coa data con axuda de papá ou mamá.
Hoxe imos comezar coa canción dos números que tanto vos gusta.
Asociamos grafía e cantidade coloreando os números correspondentes en cada caso e logo coloreamos tamén os debuxos dos animais.
Repasamos e realizamos a grafía do número 2, despaciño como a formiguiña e coa direccionalidade correcta.
Rematamos co conto dos números ata o 5.
Moitos bicos ata mañá
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario