miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Ola familias!

Un día máis convosco e novas actividades para pasar un bo rato xogando e aprendendo.

Antes de nada quería dicirvos que .  as actividades que propoñemos non é necesario imprimilas. Moitas pódense facer de forma oral, outras máis sinxelas as podedes copiar (algúns as calcan do ordenador) e si non se poden facer, non pasa nada. O importante son os contidos , que  se poden traballar de moitas maneiras.


Hoxe formaremos as familias dos números nas casiñas das deceas.


Imos completar a  familia do 10 e a familia do 20. Despois vos, se queredes, podedes facer  a familia do 0 ( son os números solitarios:1,2,3,4,5,6,7,8,9) e as restantes familias ata a do 90 



Se recortades as casiñas e os números, as colocades nunha mesa ou as pegades na parede, e metedes os números nunha bolsiña, podedes xogar a coller un número ao azar  e colocalo na casiña que lle corresponda.


E para os que non queiran  traballar tanto, a ver si sodes capaces de formar oracións cos debuxos da seguinte ficha. Xa sei que non é doado pero con unha pequena axuda dun adulto seguro que saen cousas moi interesantes. Ademais é moi bo para desenvolver a vosa imaxinación, vocabulario e expresión

Exemplo: "O rei e a raiña teñen unha espada máxica que gardan nun castelo no alto da montaña".       ( Non hay porque utilizar todos os debuxos de cada liña.)




Ata mañá   💙💚💛💜



No hay comentarios:

Publicar un comentario