martes, 21 de abril de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

BOS DÍAS FAMILIAS!!

Hoxe, despois de facer a asamblea, imos a traballar coa letra do amigo de Aurelio que tiñamos que abrazar para que a tristeza se fora, o lembrades? É o peluche OSO!!!
 
Nesta primeira ficha debedes de identificar a letra “O” tanto a maiúscula como a minúscula e rodeala.
 

Agora debedes de dicir en voz alta o nome destes debuxos e colorear só os que leven a letra “O” tedes que estar moi atentos ao que dicides. Para que sexa máis sinxelo podedes dicir o nome amodiño para non confundirvos.



Por último, vos propoñemos que xoguedes ao ROSCO DE PASAPALABRA podedes realizalo coa axuda dun maior ou utilizar a seguinte plantilla. Con este xogo podedes repasar todas as letras do abecedario o seu nome e o seu son, e incluso buscar palabras que comecen por cada unha das letras, quen adiviña máis vos ou papá e mamá? 


MOITOS BICOS E ATA MAÑÁ




No hay comentarios:

Publicar un comentario