martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Ola a todos e  todas.


Para empezar co traballo de  hoxe, imos xogar ós detectives. Descubre o número corresponde a cada persoaxe



Agora imos repasar os números ordinais:



E para  rematar  podedes escribir os números dende 1 ata 20 . Despois intentade facer de memoria a retroconta en voz alta dende o 20 ata o 1  para o despegue do cohete. Se non sodes capaces de facelo de memoria , axudádevos dos números que acabades de escribir.

Déixovos un debuxo dun cohete por se o queredes colorear, recortar e colgalo, cunha goma elástica ,dun gancho da parede ou da manilla da porta  para facelo despegar cando realicedes a retroconta.

Os que xa contades para atrás dende 20 con moita facilidade, ide aumentando a dificultade contando dende 30, 40...

                             


                                   Pasade un bo día e desfrutade das vosas saídas  🏃‍♀️🏃‍♂️

No hay comentarios:

Publicar un comentario