martes, 14 de abril de 2020

TAREFAS 6º INFANTIL

Bos días familias! Xa estamos de volta despois deste pequeno descanso. Esperamos que estedes tod@s ben, con forza e moito ánimo porque xuntos gañaremos.

Debido á situación actual que estamos a atravesar debemos seguir traballando e comunicándonos dende os fogares. Sabemos que estades a facer un esforzo moi grande e agradecémosvolo moitísimo.

Acordádevos, o importante das tarefas son os contidos, polo que cada un na súa casa pode modificalas e adaptalas ós  recursos dispoñibles.


Comezamos. Coa axuda dun calendario onde rodearán o día da semana na que se encontran e tacharán o día pasado,faremos unha pequena asamblea todos os días que poidades. Aquí vos deixamos un exemplo para que cubran un día á semana e os demáis poden facela oral.










Para seguir imos a escoitar un conto:"Clara y el conejo de Pascua", aproveitando os días pasados (Domingo e Luns de Pascua).



Axuda o coello a atopala cesta dos ovos de Pascua.


No hay comentarios:

Publicar un comentario