Para comezar faremos unha pequena asamblea como a miúdo,onde sabremos o día da semana na que estamos, o mes, o ano, a estación e o tempo que fai. Podedes visualizar a entrada do martes 14 de abril para facilitala tarefa.
Seguiremos repasando as unidades e as decenas que comezamos a ver no segundo trimestre.
Acordádevos, para formar unha torre (1 decena) precisamos ter 10 cadradiños (10 unidades). Podedes practicar con moitos materiais: pompóns, palillos, bloques de construcción, lentellas, cores, etc.
Importante: para formar unha decena temos que xuntar de 10 en 10 unidades.
Para axudalos e que lles resulte algo máis doado, antes de elixir os números dos recadros mandarlles colorer de vermello as torres que formen unha decena, é dicir, 10 cadradriños (10 unidades) e os cadradiños (unidades) que queden soltos colorealos de azul. Tamén podedes colorear os números que corresponden ás unidades de azul e os números que corresponden ás decenas de vermello.
O final deixovos uns exemplos de como sería por se tendes dúbidas.*
*
Para continuar e dar por rematado este repaso imos a contar de 10 en 10 con esta divertida canción: 10, 20, 30,40,50,60,70,80,90 y 100.
Un saúdo.😉
Gracias!!! Genial el cuento de la profe de inglés Nerea 🙂🙂
ResponderEliminarGRACIAS ALICIA ..POR TU ATENCION..ESPEREMOS VERTE PRONTO..UN BESO CUIDATE
ResponderEliminar