lunes, 4 de mayo de 2020

MONSTROS DE AIRE E PINTURA MÁXICA

BOS DÍAS FAMILIAS!!! Como levastes esta fin de semana un pouco máis longa? Que tal o día da nai?

Hoxe queremos propoñervos facer unhas manualidades moi divertidas e coloridas, seguro que o pasades moi ben facéndoas!

MONSTROS DE AIRE. Para realizar esta actividade necesitades: pinturas de dedos, acuarelas ou colorantes alimentarios, follas en branco, palliñas (se son reciclables mellor que mellor senón non pasa nada), rotuladores ou lapis de cores e ollos de mentira (este material non é imprescindible)

1   Mesturar a pintura cunha pouca de auga, canto máis líquida é mellor para realizar esta actividade.
2      Sopra sobre a pintura coa palliña, dándolle formas terroríficas. 
3      Unha vez secas colocade os ollos ou tamén podedes debuxalos, recortalos e logo pegalos e para finalizar non vos esquezades da boca.



PINTURA MÁXICA. Para realizar esta manualidade necesitades: espuma de afeitar, colorantes alimentarios, follas en branco o cartolinas e cola branca.

  1. Botamos a espuma de afeita nun recipiente e o colorante de alimentario. Se queredes facer varias cores dividir a espuma en recipientes diferentes.
  2. Mesturamos a espuma de afeitar e o colorante e lle engadimos a cola branca, mesturamos todo. E LISTO A COREAR!



Para rematar moveremos un pouco o noso corpo. Pinchade na entrada das cancións e a bailar...


Un saúdo.😉


No hay comentarios:

Publicar un comentario