lunes, 18 de mayo de 2020

RICARDO CARBALLO CALERO


Ola familias!! na televisión, na radio, na rúa... este 2020 imos escoitar falar moito de Ricardo Carballo Calero, autor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.


A continuación deixámosvos unha breve biografía que lle podedes ler aos vosos fillos e fillas.

BIOGRAFÍA

Ricardo Carballo Calero naceu o 30 de outubro de 1910 na cidade de Ferrol.
O seu pai, Gabriel Ricardo Carballo, era un pequeno empresario local. A súa nai, María Dolores Calero, atendía a casa e encargábase do coidado dos seis fillos do matrimonio. Xa dende os primeiros anos da infancia se podía intuír que o futuro daquel neno ía estar ligado ás letras. A curiosidade por descifralas comezou moi cedo cando no cine, sentado no colo do pai, decotío preguntaba polas letras que aparecían na pantalla: “Que di, papá?”.
Ademais de xornais, na casa tamén había algo que non era habitual naquel tempo: libros na nosa lingua.



Ferrol ten unha gran tradición mariña. Na aldea onde pasaba os veráns subía ao curuto máis alto para ver o mar, os barcos, os estaleiros... e soñaba con ser un distinguido mariño que navegaba por todos os mares do mundo.
Carballo Calero escribe poemas e obras de teatro dende neno e esa paixón polas letras vaille gañar o pulso á de ser mariño.
En 1926, cando aínda lle faltaban unhas semanas para facer os dezaseis anos, chegou á Universidade de Santiago de Compostela. Era un estudante moi brillante que fixo dúas carreiras unha detrás da outra: a de Dereito e a de Filosofía e Letras, a súa verdadeira vocación.


Ricardo exerce como profesor en centros privados da cidade durante varios anos. En 1950 deixa Ferrol e trasládase coa familia a Lugo para traballar no colexio Fingoi. Aquel centro tiña aspectos moi innovadores, nada habituais na época, entre eles a educación mixta. É dicir, permitía que nenos e nenas compartisen aula.
En 1951 publica a que será a primeira novela en lingua galega da posguerra: A xente da Barreira, un ano despois ve a luz a obra Poemas pendurados de un cabelo
O 25 de marzo 1990 faleceu en Santiago de Compostela.
   

Ricardo Carvalho Calero tamén escribiu contos, un exemplo é AS PITAS BAIXO A CHOIBA , que a continuación podedes ver.



Gustouvos o conto?, pois nosa próxima proposta é facer unha pita.



Non vos esquezades, enviarnos fotos coas vosas pitas.




Bicos para todos e todas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario