miércoles, 20 de mayo de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días a tod@s!!

Xa estamos a mércores, lembrade que a teacher Nerea, na páxina de Inglés deixa algunhas actividades que tamén podedes realizar.

Hoxe imos a experimentar e converternos en pequenos científicos, que sei que vos gusta moito.

Propoño que levedes a cabo dous experimentos, podedes facer os dous ou elixir o que queirades.


- Experimento FLORES QUE CAMBIAN DE COR.

Trátase de observar cómo se alimentan as plantas a través da auga, utilizando colorante alimentario para ver e comprender todo o proceso. Canto máis clara sexa a tonalidade das flores, mellor se verá o resultado.

Necesitamos os seguintes materiais:
- caraveis brancos (por exemplo)
- auga
- 4 vasos de cristal transparente
- colorante alimentario


Elaboración do experimento:
Enchemos 4 vasos de auga coa mesma medida. Despois cortamos un pouco o talo dos caraveis, a parte máis dura. A continuación, introducimos un en cada vaso.


Botamos unhas gotas de colorante alimentario distinto en cada vaso. Podemos deixar un caravel sen colorear para ver a diferencia con respecto aos outros.


Deixarémolo así 24 horas, para que a coloración das flores se complete. Pero, neste transcurso de tempo, o interesante e que vaiamos observando a evolución cos nen@s. Trátase de mostrar aos peques o comportamento que teñen as flores coa auga, explicarlles como a través da raíz, aliméntanse de auga e sales minerais.
O máis imteresante é que a través dos caraveis, o colorante e a auga, poden ver como ésta sube polo talo ata chegar ás follas e pétalos.

Tras 24 horas xa me ensinaredes os resultados, seguro que quedan preciosas!!


O segundo experimento é a LÁMPADA DE LAVA.

Se observades o vídeo e seguides as instruccións é moi sinxelo de facer e queda moi chulo.
Materiais que necesitamos:
- aceite
- auga
- un vaso
- colorante ou témpera
- unha pastilla efervescente




Espero que disfrutedes moito realizando os experimentos e observando os resultados.

Moitos bicos ata mañá

😘😘😘😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario