viernes, 22 de mayo de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Ola familias!! Hoxe imos a traballar coas letras e palabras. Para isto temos que realizar dúas fichas, nesta primeira tedes que dicir a palabra en alto separando as sílabas usando as palmadas igual que facíamos na clase. Ademais, debedes de escribir tantas cruces como sílabas teña e escribir o número correspondente.


Nesta segunda tarefa debedes de recortar cada sílaba e colocala no seu sitio. Se o necesitades podedes pedirlle a un adulto que vos axuden escribindo as palabras nun ladiño para que vos sexa máis fácil naquelas palabras que vos resulten máis complicadas.


Despois de tanto traballar vos deixamos o conto que tano vos gusta de Rosa Caramelo.


Por último, vos propoñemos que fagades a vosa propia elefante Margarita. Nos encanta ver todas as vosas manualidades.


MOITOS BICOS E BOA FIN DE SEMANA 😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario