lunes, 23 de marzo de 2020

EDUCACIÓN ESPECIAL - SENSORIAL

BOS DÍAS!

Qué tal foron estes días? Espero que os levarades o mellor posible 😃

Como xa sabedes, este SÁBADO comezou a PRIMAVERA 🌻🌼, así que aquí vos deixo como sempre a rutina do noso CALENDARIO, actualizado con esta nova estación que comeza.



Esta vez engadimos á nosa rutina MUSICAL ♪ unha nova canción sobre a PRIMAVERA
(substituimos a canción do inverno pola da nova estación)



A maioría dos nosos nen@s aínda non escoitaron nunca esta canción, e, ó mellor cústalles un pouco introducila na rutina, non vos preocupedes, poñede baixiña a música para que se vaian acostumando, e xa veredes que ao introducila na RUTINA, acabarán DISFRUTANDO MOITO con ela.

Cando comezamos a traballar estas rutinas na nosa aula custoulles un pouquiño adaptarse, e agora pásano en grande 😄

A sesión que vos plantexo para hoxe é de ESTIMULACIÓN SENSORIAL. 

 Todos los LUNS adicamos unha sesión a traballar a ESTIMULACIÓN SENSORIAL, xa que é fundamental para construír o aprendizaxe e facilita a regulación da conducta.

Grazas os sentidos, explorando con eles, construímos e facilitamos aprendizaxes do mundo que nos rodea, benefician o desenrolo do pensamento, a intelixencia e a linguaxe.

A maioría das veces utilizamos a nosa MESA DE LUZ, disfrutran MOITÍSIMO con ela, é unha das súas actividades preferidas.

Supoño que na casa, será moi dificil que teñades unha, pero non vos preocupedes, aquí vos plantexo diferentes ACTIVIDADES SENSORIAS que podedes facer na casa facilmente.


VISUAIS:

  • Xogamos con LANTERNAS (case a escuras), podemos poñerlle diante celofán de diferentes cores, proxectar formas, esconder obxectos...
  • POMPEROS de burbullas
  • Seguir o movemento de OBXECTOS CON LUZ (xoguetes, pelotas luminosas...), facer un percorrido con eles, escondelos...
  • Xogos con ESPELLOS (cerca, lexos, diferentes perspectivas...)

AUDITIVOS:

  • Utilizar XOGUETES MUSICAIS, que teñan diferentes sonidos, ruídos de animaiss, medios de trasporte...
  • Xogar con CANCIÓNS
  • Utilizar os TUBIÑOS de papel hixiénico para simular altofalantes
  • Xogar con diferentes sonidos (lentellas, arroz, cascabeis, pezas pequeñas...) metidos en diferentes botiños, bolsas, ou nos envases que teñades.



OLFATIVO:



  •  CAIXAS OLOROSAS, podemos poñer obxectos de diferentes olores (limón, perfume, deterxente...)
  • MASAXES RELAXANTES(en calquera parte do corpo, mans, pes...) con aceites/cremas que teñan aroma.
  • Asociar olores á estación do ano na que estamos, FLORES, HERBA, FOLLAS AROMÁTICAS...
  • Utilizar ESPECIAS: canela, ourego, allo, chocolate...

GUSTO:

  • Experimentar con SABORES: ácedos, doces, salados...(cos alimentos que teñades na casa)
  • Deixar que EXPERIMENTEN e xoguen coa COMIDA, texturas e sabores...
  • LAVAR os DENTES con outra pasta diferente a súa habitual...
TACTO:
  • Masaxear con DIFERENTES TEXTURAS, suave, rugoso, pegañento...
  • Xogar con plasti, pasta de modelar...
  • Tocar diferentes texturas de ALIMENTOS: fariña, pan rallado, arroz, garavanzos… ( se vos animades cociñar con eles...)
  • Xogos coa AUGA (poñer unha botella con auga quente e outra con fría...), xabón, espuma de afeitar...

Para finalizar a sesión deixovos unha canción de RELAXACIÓN, cunhas imaxes de peixiños que usamos habitualmente e lles ENCANTA! De seguro que recordaralles moito ao COLE 😊


Podería poñer moitísimas actividades máis, pero non quero saturar con demasiada información, xa sei que o POST de hoxe é un pouco extenso de máis. 🙈🙉🙊

NON é para que fagades todo o que está ahí posto nunha sesión, nin muito menos, simplemente quero facilitarvos diferentes actividades con distintos recursos que poidades ter na casa, para que fagades o que vos consideres convinte, dependendo das necesidades dos vosos nen@s.

Se quereses saber máis sobre ESTIMULACIÓN SENSORIAL en internet podedes encontrar moitísima información e actividades moi interesantes 😉

Ata aquí o POST de hoxe!

Anímovos a que comentedes (se vos apetece) algún POST, gustaríame saber de v@s!!

Recórdovos o meu correo para calquera consulta: aliciablancoo88@gmail.com

Unha APERTA XIGANTE 🤗

Ali


No hay comentarios:

Publicar un comentario