Boas familias! A pizza é unha das comida preferidas polos nenos e nenas por iso os deixamos a receita dunha pizza de froitas, perfecta para as merendas.
INGREDENTES
· 5 galletas María
· 100 g manteiga
· 1 kiwi
· 2 plátanos
· 1 mazá
· 10 fresas
· Queixo fresco (philadelphia)
· Un pouco de chocolate branco ou negro
PROCEDEMENTO
1. Mesturar as galletas e a manteiga ata facer unha pasta uniforme.
2. Repartir a pasta nunha bandexa redonda e metela no frigorífico durante uns minutos.
3. Mentres tanto, lavar e cortar as froitas en anacos pequenos.
4. Sacar a pasta da neveira e untala co queixo.
5. Colocar as froitas enriba da pasta e raiar un pouco de chocolate por riba como se fose queixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario