martes, 17 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS E SUXERENCIAS

Boas familias!! para levar mellor estes días cos nenos e nenas na casa sería moi recomendable establecer algunhas rutinas diarias e un horario de tarefas que levar a cabo.

Debemos facer un pouco de todo, e facer partícipes tamén aos cativ@s das tarefas domésticas como de limpeza, cociña, recollida...

Adicarlle un anaco ás tarefas do cole, realizar actividade física, (no apartado psicomotricidade hai algunhas actividades para facer con eles), bailar, xogar, facer puzles, ler contos, debuxar, pintar, facer manualidades con diferentes materiais de refugallo (tubos de papel, envases,...)

Aí van algunhas ideas pero sobre todo disfrutade deste tempo en familia.

 


Toca agudizar o enseño e, aínda que din que aburrirse é bo, aquí van algunhas ideas para xogar na casa, por si vos axudan.




No hay comentarios:

Publicar un comentario