Hoxe comezamos o día dándolle a benvida á Primavera con esta poesía.
Lembrade ter a man o calendario para ver que día é hoxe e riscar os anteriores, no apartado cancións atoparedes as cancións da asemblea.
Escoitamos o conto coa música da Primavera de Vivaldi
Continuamos repasando a letra A
E relacionamos a grafía coa cantidade dos seguintes números
Ao longo desta semana, podedes levar a cabo algunha manualidade relacionada coa primavera con tubos de papel, que seguro que na casa tedes moitos jjjjjjj, aquí vos deixo algunhas ideas.
Deixade voar a vosa imaxinación e seguramente saen cousas preciosas, despois podedes traelas ao cole.
Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico inespondal@gmail.com.
Moitos bicos e apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario