Hoxe imos coñecer os sentidos.
Así que, despois de levar a cabo a rutina da asemblea, xa sabedes, poñemos o día que é hoxe no calendario, o día da semana, tempo, mes, estación do ano,... imos ver o seguinte vídeo onde descubriremos cales son os 5 sentidos.
Logo propoño unha actividade que aos peques lles encanta, o XOGO DOS SENTIDOS.
👀👂👃👄✋
Trátase de cubrirlle os ollos cun pano e xogar a descubrir diferentes texturas que tocan (suave, áspero, rugoso) probar diferentes alimentos, (doce, salgado,ácido,..) escoitar diferentes cancións e descubrir de cal se trata, oler algo que lles sexa coñecido,...
Seguro que o pasades xenial, ánimo!!
Agora coloreamos os 5 sentidos e os lembramos
Debuxamos aos que forman parte da nosa cara, aquí falta un, de que sentido se trata?
E rematamos a tarefa de hoxe. Espero que disfrutárades moito coñecendo os sentidos.
Moitos bicos e apertas
😘😘 💓💖
No hay comentarios:
Publicar un comentario