lunes, 30 de marzo de 2020

TAREFAS 4º DE INFANTIL

Bo día a tod@s!! despois de 15 días de confinamento,... Noraboa!! estou segura que o estades facendo moi ben. Moito ánimo que xa queda menos. 😘

Hoxe comezamos unha semana máis, lembrade riscar no calendario os días que xa pasaron e rodear o día que é hoxe (podedes escoitar as cancións da asemblea no apartado cancións)

E como facemos todos os días no cole durante a asemblea, que o encargado coloca as letras do seu nome coa súa foto e logo o escribe, imos facer a seguinte actividade, para que non vos esquezades 😉



Despois debuxámonos moi guapos




Continuamos cunha actividade para a que teredes que confeccionar o material, trátase da CAIXA SENSORIAL DE GRAFOMOTRICIDADE, é moi sinxelo.
 Necesitaremos:
- unha caixa non demasiado grande, mellor se é dalgunha cor viva.
- Area, sal, fariña,... (o que teñades na casa)
- Tarxetas con letras e números
- Algún tipo de adhesivo para fixar a tarxeta modelo

 E listo,... A practicar!!

Aquí vos deixo algunhas ideas




Déixovos ata mañá con moita alegria!!!






 Bicos e apertas      😘😘😘💓💓💓


2 comentarios:

  1. Hola buenos dias
    estoy teniendo problemas para imprimir las fichas o salen muy pequeñas o no se ven bien o me salen tres veces
    un saludo

    ResponderEliminar
  2. Grazas Xan,creo que xa está solucionado, se volve a ocorrer por favor facédemo saber.
    Saúdos

    ResponderEliminar