jueves, 23 de abril de 2020

23 de ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Cada 23 de abril celebramos en todo o mundo o día do libro. Trátase dunha xornada moi especial impulsada pola UNESCO e destinada a promover a lectura


Como sabemos, a lectura é a mestra idónea que nos axuda a escribir sen faltas de ortografía, a empregar de forma adecuada a linguaxe ou a aprender vocabulario novo. Pero tamén estimula a nosa memoria, mellora a capacidade de atención e concentración e contribúe a que podamos estudar mellor.
Para fomentar a lectura nos nenos é recomendable empezar con contos infantís curtos que traten de aventuras divertidas e que capten a atención dos nenos. Desta forma, os nenos divertiranse á vez que empezan a collerlle o gusto á lectura.
Así que hoxe toca escoitar un conto, un conto que nos convida a sentir a importancia de tomarnos o tempo que necesitamos para gozar do que amamos, sen necesidade de ser "espectaculares" ou sen o dexeso de "ser os mellores".

 



Agora como única actividade para hoxe, debedes elexir de entre os contos que tendes na casa, o voso preferido e facer un bonito debuxo do seu protagonista ou da parte do conto que máis vos gusta

E despois, se queredes, podedes enviar ao correo da profe unha FOTO vosa
 co libro elexido e o debuxo que fixestes


 Esperamos recibir as  fotos de todos  os alumnos e alumnas de Educación Infantil

FELÍZ DÍA DO LIBRO !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario