viernes, 29 de mayo de 2020

HOTCAKES DE CORES

BOS DÍAS FAMILIAS!!!

Hoxe vos propoñemos dúas receitas para amenizar estes días confinamento e poñerlles un pouquiño de doce.

HOTCAKES DE CORES


INGREDENTES
  • Unha taza e media de fariña
  • 1 culler de azucre
  • Unha taza e un cuarto de leite 
  • 1 ovo
  • 3 culleres de manteiga derretida
  • Un pouco de esencia de vainilla
  • Colorantes alimentarios

Para decorar podedes poñerlles: froitas, miel, iogur... o que máis os guste!!

PREPARACIÓN
  1. Nun recipiente mesturamos a fariña co azucre.
  2. Engadimos o leite, ovo, manteiga e vainilla, mesturamos todo ata obter unha mestura homoxénea. 
  3. Dividimos a mestura en tantos recipientes como cores teñamos e mesturamos os colorantes coa masa.
  4. Vertemos un pouco de cada mestura nunha sartén ata ter todas feitas. 
  5. As decoramos e...A COMER!!!

Un saúdo.😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario