Despois de rodear o día que é hoxe no calendario, mes, día da semana,... vemos a presentación do número 3.
Agora imos traballar a motricidade fina rachando papeis de revistas, xornais ou calquera papel que teñades na casa.
Imos facer anacos pequenos e logo pegámolos nos números 3, a modo de "collage", sempre seguindo a direccionalidade correcta.
Repasamos a grafía do número 3, se tedes rotuladores repasade un de cada cor, coas cores que máis vos gusten.
Déixovos algúns xogos que podedes confeccionar para seguir traballando os números e a motricidade fina.
Bicos e apertas ata mañá
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario