martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días familias!!
Estamos de volta unha semana máis, a derradeira do mes de Abril, comprobádeo no voso calendario e poñede o día que é hoxe. 😉

Comezamos cunha poesía que nos lembra a chegada da Primavera.
Agora que xa podedes saír á rúa, seguro que observastes algúns cambios na natureza,(árbores cheas de follas, plantas que floreceron, etc,...)

Escoitádea con atención se papá ou mamá vola len, podedes aprendela e recitala xuntos, despois coloreade os debuxos.


Agora imos xogar coas rimas


Buscamos as rimas dos seguintes debuxos e coloreamos


Rematamos co conto rimado, "Las diez gallinas"


Moitos bicos ata mañá

😘😘😘😘😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario