Para empezar co traballo de hoxe, imos xogar ós detectives. Descubre o número corresponde a cada persoaxe
Agora imos repasar os números ordinais:
E para rematar podedes escribir os números dende 1 ata 20 . Despois intentade facer de memoria a retroconta en voz alta dende o 20 ata o 1 para o despegue do cohete. Se non sodes capaces de facelo de memoria , axudádevos dos números que acabades de escribir.
Déixovos un debuxo dun cohete por se o queredes colorear, recortar e colgalo, cunha goma elástica ,dun gancho da parede ou da manilla da porta para facelo despegar cando realicedes a retroconta.
Os que xa contades para atrás dende 20 con moita facilidade, ide aumentando a dificultade contando dende 30, 40...
Pasade un bo día e desfrutade das vosas saídas 🏃♀️🏃♂️
No hay comentarios:
Publicar un comentario