BOS DÍAS FAMILIAS!
Antes comezar coas tarefas para hoxe vos queremos deixar unha asamblea portátil coa que podedes traballar dende a casa unhas das rutinas que seguimos na aula. Con ela podedes escribir o día que é hoxe, o nome, indicar o día da semana, o tempo que fai e o debuxo do esquema corporal. Non tendes porque descargar e imprimir esta senón que é unha orientación de como facer a asamblea dende a casa.
DESCARGAR AQUÍ
Hoxe imos a traballar co número 6. Na primeira ficha debedes de contar ata 6 e repasar o número con pintura de dedos ou con rotuladores, o que teñades por casa. Despois, tedes que contar cantas fresiñas hai e repasar co lapis o número correspondente e debuxar as fresas que falta para chegar a 6 e escribir o número.
Agora debedes de repasar o número 6 e colorear soamente 6 mazás.
Por último, tedes que colorear os números ata o 10, recorda que podes facer a conta atrás!!! Despois une cada número coas flores correspondentes.
Aquí vos deixamos unha canción sobre o número 6.
MOITOS BICOS E ATA MAÑÁ 💋
Que boa idea!!!
ResponderEliminarAlma fai a asemblea tódolos días.
Fáltanos o menú diario para ser totalmente fieis á asemblea de verdade...