jueves, 30 de abril de 2020

TAREFAS 6º INFANTIL

Bos días familias! Que tal estades levando estes días? Supoño que xa algo mellor ó poder saír a rúa un intre a dar unha pequena volta cos máis cativos.

Para comezar faremos unha pequena asamblea como a miúdo,onde sabremos o día da semana na que estamos, o mes, o ano, a estación e o tempo que fai. Podedes visualizar a entrada do martes 14 de abril para facilitala tarefa.

Seguiremos repasando as unidades e as decenas que comezamos a ver no segundo trimestre.
Acordádevos, para formar unha torre (1 decena) precisamos ter 10 cadradiños (10 unidades). Podedes practicar con moitos materiais: pompóns, palillos, bloques de construcción, lentellas, cores, etc.
Importante: para formar unha decena temos que xuntar de 10 en 10 unidades.





Para axudalos e que lles resulte algo máis doado, antes de elixir os números dos recadros mandarlles colorer de vermello as torres que formen unha decena, é dicir, 10 cadradriños (10 unidades) e os cadradiños (unidades) que queden soltos colorealos de azul. Tamén podedes colorear os números que corresponden ás unidades de azul e os números que corresponden ás decenas de vermello.
O final deixovos uns exemplos de como sería por se tendes dúbidas.*







*



Para continuar e dar por rematado este repaso imos a contar de 10 en 10 con esta divertida canción: 10, 20, 30,40,50,60,70,80,90 y 100.





Pd: non vos esquezades de entrar cada mércores na pestaña de inglés para ver unha nova entrada da nosa Teacher, a cal poderedes ir vendo durante a semana.


Un saúdo.😉



2 comentarios:

  1. Gracias!!! Genial el cuento de la profe de inglés Nerea 🙂🙂

    ResponderEliminar
  2. GRACIAS ALICIA ..POR TU ATENCION..ESPEREMOS VERTE PRONTO..UN BESO CUIDATE

    ResponderEliminar