Xa chegamos ao venres, o derradeiro día dos 5 de cole, mañá sábado e o domingo descansade, xogade moito e disfrutade da familia.
Hoxe imos facer un pequeno repaso do traballado ao longo da semana, pero despois de ver o día que é hoxe no calendario e,... que tempo temos hoxe?
Comezamos coa canción de Nubes
Continuamos repasando o número 4, realizade a grafomotricidade amodiño, como a formiguiña.
Diferenciamos a letra U nos nomes dos nen@s e repasamos, logo coloreamos o unicornio.
Ao longo destes días, nas vosas saídas, se tedes a oportunidade de mercar follas ou cartolinas de cores podedes recortar diferentes figuras xeométricas con axuda de papá ou mamá e realizar diversos debuxos coma estes ou, se son de creación propia moito mellor.
Deixade voar a imaxinación!! espero as vosas creacións no meu correo electrónico.
Moitos bicos ata o luns
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario