Bos días familias!!! Que tal estades? Hoxe imos a traballar sobre o proxecto Emerxencias 112. Para iso imos a recordar a canción que cantabamos na clase, lembrade que o número 112 é moi importante e que só o podemos marcar cando hai unha urxencia de verdade.
Vos lembrades da Doutora Socorro? Que nos vira a visitar a clase? Tiña un maletín xigante cheo de utensilios que utiliza para axudar cando a necesitan, como a mamá de Martín que é enfermeira e nos ensinou todo as cousas que leva no seu maletín para axudar as persoas que están maliñas. Pois agora debedes de facer o voso propio maletín, soamente necesitades cartolinas negras, papeis brancos e cores.
A continuación, vos deixamos unhas plantillas cos utensilios que podedes usar la creación do voso maletín, pero non tedes porque imprimilos senón intentar copialos. Ademais, quen queira pode escribilo nome dos utensilios coa axuda duna maior.
Moitos bicos, esperamos que desfrutedes da actividade e esperamos ver eses maletíns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario