jueves, 21 de mayo de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Ola a todas e todos!!

Hoxe toca traballar un pouquiño mais. 

Con axuda dun adulto que vos vaia lendo as indicacións que se  dan na ficha, tedes que ir coloreando e pensando ben no que se vos pide. Se non tendes claro cal é a esquerda  e a dereita é importante poñer unha I  na man esquerda e unha D na dereita para que vos sexa mais doado.

Preparados? Imos alá.



Agora imos buscar o intruso( o que non pertence á familia).  Se vos apetece podedes colorear os debuxos, pero hai que intentar facelo o mellor posible, sen correr, vale? 




E por último unhas sumas moi doadas. Hai que poñer o número debaixo dos debuxos e contar todos xuntos para saber canto suman




Ata aquí o traballo por hoxe.  Ata mañá.

😍😘🥰






                                                                                                            


No hay comentarios:

Publicar un comentario