Bos días familias! Que tal o estades levando?
Hoxe centrarémosnos nas unidades e decenas:
1º Faremos unha plantilla de dez unidades coma no exemplo para formar decenas. Podedes utilizar palos de madeira grandes ou pequenos, palillos, pinchos morunos, cores, pallas, etc.
Eu utilicei palos grandes de madeira porque os tiña na casa.
2º Darédeslle o voso fillo unha cantidade de palos, palillos, cores, etc., o que elixiches, e terán que formar decenas. Cando cubran os dez ocos da plantilla, cunha goma os unirán formando así unha decena.
Repetiremos este proceso varias veces con diferentes cantidades do material elixido para que se vaian familiarizando e interiorizando a cantidade.
Explicarémoslle que cada palo representa unha unidade e o chegar a dez transfórmase nunha decena por iso o agrupamos. De esta maneira contar resultaranos máis sinxelo.
1 decena = 10 unidades
3º Cando xa o mecanicen faremos outra plantilla, a cal dividiremos pola metade: o lado esquerdo será o lugar das decenas e o lado dereito o das unidades. Colocaremos un dos exemplos anteriores na plantilla para coñecer o número que forman:
- No lado esquerdo (decenas) coloquei unha agrupación de dez unidades que fixen (1 decena) e no lado dereito (unidades) colocarei os restantes palos que non chegaron para formar outra decena.
4º A continuación, contarán as unidades e as decenas e escribirán o número correspondente no seu recadro que fixemos na parte inferior da plantilla.
5º Por último, xuntarán os números para formar a cifra total: 19
Agora toca practicar. Mans á obra!
Recoméndovos plastificar as plantillas para evitar o deterioro.
Máis adiente faremos a inversa.
Para finalizar contaremos de dez en dez ata o cen, podedes axudarlles se o precisan. Preparados? Comezamos:
10, 20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90 e 100.
Repetimos:
10, 20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90 e 100.
E agora... a bailar!
Un saúdo.😉😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario