miércoles, 10 de junio de 2020

DEBUXANDO

Bos días familias!

Hoxe faremos unha actividade moi divertida, para levala a cabo son necesarias como mínimo dúas persoas, folios e rotuladores, cores ou bolígrafos.

A actividade é a seguinte: teredes que colocarvos dandovos as costas. Un apoiará  o seu folio nas costas do outro mentres éste o terá sobre  unha parede ou sobre unha mesa. A persoa que está co folio apoiado sobre as costas será a encargada de ir debuxando trazos sencillos e de maneira lenta para conseguir un debuxo final; mentres o de diante terá que ir estampando no seu folio o que vai sentindo nas súas costas.

 Ex:




Consello: debuxar imaxes sinxelas, con trazos grandes.

O finalizar podedes cambiar as posicións.

Podedes facer un vídeo durante o transcurso do debuxo ou sacar unha fotografía dos dous debuxos finais e envialos ás mestras.


Un saúdo.😉😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario