miércoles, 3 de junio de 2020

DÍA DA BICICLETA


Ola familias,hoxe imos celebrar o día da bicicleta.
Dar un paseo en bicicleta é unha das mellores maneiras de practicar deporte e divertirse en familia gozando cos nosos pequenos campións.

JJ vainos ensinar como facelo de forma segura.


                  "  MONTANDO EN BICICLETA "



Así que non dubidedes en convidalos a montar en bicicleta, hoxe é un bo día para facelo.

PERO LEMBRADE:
Tráfico: Só xogar coa súa bicicleta nun ambiente seguro e libre de tráfico.
Cascos: Utilizar sempre un casco de ciclista .
Bicicletas: As bicicletas non deben ser demasiado grandes, de non ser así os nenos e nenas terán dificultades para manter o equilibrio.

Rasguños: É mellor caer da bicicleta 100 veces na área de xogos, que en lugares con tráfico.

Que pasedes un saudable día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario