Crea o teu propio debuxo abstracto con burbullas de xabón de cores. Para esta manualidade precisas palliñas de plástico, gomas elásticas para mantelas xuntas, papel ou cartolina branca a modo de lenzo, unha mestura de dous partes de auga e unha de xabón lavalouzas líquido concentrado para facer as pompas, acuarelas para darlle tonalidade ás pompas, e papel de cociña para limpar os restos de pintura que poidan caer fóra. Para pintar simplemente molla as palliñas na mestura e sopra sobre o papel. O resultado impresionaravos!
Un saúdo.😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario