lunes, 1 de junio de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días familias!!

Despois da semana cultural,... chegou o mes de Xuño, o número 6, o derradeiro dos nove meses de cole.
Lembrade adiantar unha folla do calendario e rodear o día que é hoxe.

Co mes de Xuño cambiamos de estación, chega o verán e as vacacións, e xa comeza o bo tempo, que nos permite disfrutar da praia e a natureza.
Non apetece tanto poñerse coas tarefas do cole, así que a partires de hoxe e ata que remate o curso, que xa queda moi pouco, non haberá tarefas diarias.

Os luns publicarei actividades para realizar ao longo da semana, recursos e materiais aos que podedes acceder, xunto cos cadernos de aula que tedes na casa, que tamén podedes ir adiantando e facendo pouco a pouco.
Os demáis días haberá actividades lúdicas como manualidades, cancións, contos, xogos, etc,...

Esta semana traballaremos a letra E








Ordena as imaxes con axuda dos números e completa o puzzle.



Lembrade que son tarefas semanais, para ir realizando ao longo de toda a semana.



Moitos bicos 😘😘😘😘












No hay comentarios:

Publicar un comentario