lunes, 1 de junio de 2020

TAREFAS 5ºINFATIL

Bos días familias! Hoxe comeza un novo mes, o mes de Xuño. Aquí  deixámosvos a plantilla para realizar as rutinas diarias.



Como o que queda de curso é moi pouco e comeza a facer moita calor,  imos  propoñer un cambio na forma de traballo. Os LUNS  publicaremos unha serie de tarefas para facer durante toda a semana; lembrade adaptalas as necesidades dos vosos fillos e fillas. O resto da semana subiremos contos, cancións, xogos e outras actividades mais  lúdicas. Sabemos que as nenas e os nenos empezan a estar cansos, por iso con esta nova proposta pretendemos que sexades vos os que administredes o tempo e as actividades como creades conveniente

Ademais, os cadernos cos que traballamos na aula os podedes utilizar a modo de reforzo das tarefas que propoñemos.







UN BICO E ATA MAÑÁ 😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario