Hoxe comezamos unha semana máis, lembrade riscar no calendario os días que xa pasaron e rodear o día que é hoxe (podedes escoitar as cancións da asemblea no apartado cancións)
E como facemos todos os días no cole durante a asemblea, que o encargado coloca as letras do seu nome coa súa foto e logo o escribe, imos facer a seguinte actividade, para que non vos esquezades 😉
Despois debuxámonos moi guapos
Continuamos cunha actividade para a que teredes que confeccionar o material, trátase da CAIXA SENSORIAL DE GRAFOMOTRICIDADE, é moi sinxelo.
Necesitaremos:
- unha caixa non demasiado grande, mellor se é dalgunha cor viva.
- Area, sal, fariña,... (o que teñades na casa)
- Tarxetas con letras e números
- Algún tipo de adhesivo para fixar a tarxeta modelo
E listo,... A practicar!!
Aquí vos deixo algunhas ideas
Déixovos ata mañá con moita alegria!!!
Bicos e apertas 😘😘😘💓💓💓
Hola buenos dias
ResponderEliminarestoy teniendo problemas para imprimir las fichas o salen muy pequeñas o no se ven bien o me salen tres veces
un saludo
Grazas Xan,creo que xa está solucionado, se volve a ocorrer por favor facédemo saber.
ResponderEliminarSaúdos