viernes, 27 de marzo de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL


Bo día a tod@s outro día máis, xa chegamos ao venres, que como sabedes é o derradeiro día dos 5 de cole, estades cantando as cancións da asemblea e rodeando o día que é no calendario? lembrade que debemos facelo tódolos días.

Hoxe imos comezar coa canción do tren das vogais, así repasamos a letra A que levamos traballando toda a semana e imos interiorizando e lembrando as demáis.



Rodeamos de cor vermella as letras A que atopemos na seguinte ficha.



Seguimos coa asociación de grafía e cantidade dos seguintes números coloreando os círculos correspondentes a cada dado.


Durante a fin de semana anímovos a realizar esta manualidade de primavera tan chula e moi doada de facer, trátase da silueta da vosa man, a modo de flor, así que decorádea ao voso gusto, con moitas cores, como a primavera, despois debuxades dúas follas e pegádeas a unha palla. 
Facede todas as que vos pete e decorade a casa de cores!!


Lembrade que para calquera dúbida ou suxerencia, podedes contactar comigo a través do correo electrónico inespondal@gmail.com.

Moitos bicos para tod@s e unha grande aperta ata o luns!!

😘😘😘💓💓💓💓



No hay comentarios:

Publicar un comentario