viernes, 27 de marzo de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Ola a todos e todas neste novo día que é igual ao de onte, ao de antonte, ao de mañá...  Xa non sabemos en que día vivimos porque todos parecen iguais. Por iso, dende aquí, as vosas "profes" intentamos poñervos diferentes actividades diarias para que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes.

Así que veña, imos alá.

Para empezar, cantade a canción das letras coa axuda deste abecedario (si non vos acordades ide a CANCIÓNS, pero intentade cantala sinalando co voso dedo cada letra):


Despois de cantala, recorda como "fala" cada letra. Se non es capaz, axúdate dos debuxos esaxerando o primeiro son da palabra ( bbbbbbombilla, mmmmmmochila...)


Agora toca unir cada letra maiúscula coa súa minúscula correspondente:


Serías capaz de escribir con que vogal comeza cada debuxo?



E finalmente, para os que teñan ganas de colorear, deixámoslles a seguinte ficha:


Se vos xurden dúbidas, tendes algunha pregunta ou algunha suxerencia que facer, non dubidedes en contactar connosco a  través dos nosos correos que podedes atopar nas etiquetas da dereita . 

Ata mañá.😘 😘 😘 



No hay comentarios:

Publicar un comentario