Seguro que estades disfrutando moito da natureza e os paseos pola rúa despois de tantos días de confinamento sen poder saír da casa, por fin chegou o momento que tanto necesitábamos, espero que tod@s sexades responsables para poder voltar á "nova normalidade" canto antes.
O cole virtual continúa, e hoxe, despois de ver o día que é no calendario, día da semana e o mes no que estamos, que xa queda moi pouco para pasar a folla 😉, imos traballar a letra I.
Comezamos escoitando a canción.
Recoñecemos as I, rodeámolas, realizamos a grafomotricidade, coloreamos e debuxamos.
Rematamos co conto "El libro de los abrazos"
Envíovos moitas apertas virtuais para tod@s
🙆🙆🙆😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario