miércoles, 29 de abril de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

BOS DÍAS FAMILIAS!!

Hoxe imos a traballar con Proxecto Emerxencias 112. Antes de comezar a facer as tarefas recordade facer a asamblea, seguro que sodes xa uns expertos e expertas facéndoa. Recordade que ademais de facer o que poñemos nela podedes realizar máis actividades como recordar as letras, números, cores ou formas xeométricas.

Como levamos moitos días na casa é moi importante que lembredes os accidentes que poden suceder se non temos coidado ou no facemos caso ó que nos din os maiores. Estes son os accidentes que poden suceder na casa:




Pero ao igual que estamos na casa para previr o contaxio do virus, hai unha serie de normas que debemos de seguir para evitar os accidentes domésticos.

 

Lembrades os utensilios que levaba a mamá de Martín no seu maletín de enfermeira? Pois nesta tarefa a Dra. Socorro quere que tachedes os obxectos que non estaban no maletín e contar cantas veces está o mesmo obxecto e escribir o número.


Nesta tarefa tedes que escribir o nome de cada especialista, lembrade que non imos sempre ao mesmo médico, senón que depende do que nos doa. Vos acordades dos seus nomes? Escribide o nome, quen non sexa capaz de facelo só que lle pida axuda a un maior e que lle vaia dicindo as letras ou os seus sons 
de cada unha.


Como se chamaba o instrumento que utilizan os médicos e médicas para escoitar o corazón? Comezaba pola letra F e é así:

Vos propoñemos facer vosa propio fonendo na casa, non teñen que ser como os que vos poñemos a continuación, senón que podedes utilizar outros materiais como cartolinas, cartón, teas... calque material reciclado que atopades na casa. Lembrade mandarnos ao correo fotos de todas as manualidades que estades a facer para poder ver como ides traballando dende a casa.


Moitas bicos e ata mañá 😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario