Antes de nada imos repasar as rutinas de cada mañá:
- Que día da semana é hoxe?
- Que data?
- En que mes nos atopamos?
- E en que ano?
- Recordas en que estación estamos e que ocorre nesta estación?
- E por último, que tempo fai hoxe?
Si, parece que hoxe o día vai estar gris e chuvioso, por iso imos empezar cunha canción alegre e divertida relacionada coa chuvia.
Xa rematadas as rutinas, imos traballar un pouquiño a lateralidade (esquerda/dereita) coa seguinte ficha. Pero antes de empezar pon unha marca vermella na túa man dereita e unha azul na esquerda e cada vez que collas algo di con que man o colles.
E agora toca por a proba a túa atención visual buscando as catro diferencias entre os dous deduxos e intentando debuxar o que falta para que sexan iguais
Que teñades un día moi feliz. Ata mañá 😘😘😘😘🤗🤗🤗
No hay comentarios:
Publicar un comentario