Hoxe, como os anteriores días faremos unha pequena asamblea oral: (o día no que estamos, o mes , o ano, a estación, o tempo, a comida tan rica que comeremos e o santo ou santa a quen teremos que felicitar.) Podedes ver a entrada do día 14 de abril.
Despois faremos un repaso da consoante "r" que vimos antes das vacacións.
Continuamos o repaso con Monosílabo.
Antes de rematar seguiremos coa creación do noso dicionario persoal (ver entrada do día 15 de abril). As palabras entre as que escoller hoxe son as seguintes:
-Rábano
-Rulo
Para rematar, dámoslle as felicidades a Guille e a Nico que hoxe están de aniversario. Pasadeo ben e disfrutade do voso día. Moitísimas felicidades!🎂
PD: recordade ler un pouco todos os días.
Un saúdo 😉😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario