sábado, 23 de mayo de 2020

AVISO IMPORTANTE!

Boas familias!

Debido á situación actual, dende Educación nos indicaron que non se vai volver ás aulas ata o novo curso académico. Polo tanto, durante a vindeira semana imos proceder a entregarvos tanto os obxectos persoais como o material de aula dos vosos fillos e fillas, será con cita previa.

Se algunha familia ten que devolver algún conto do préstamo de libros ou das sesións de Contacontos, por favor entregádeo ese día.

Os días para a recollida serán os seguintes:

- 5º INFANTIL(4 ANOS) O MÉRCORES
- 6º INFANTIL (5 ANOS) O XOVES
- 4º INFANTIL (3 ANOS) O VENRES

Para facer esta entrega temos que seguir  as medidas establecidas por Sanidade, polo tanto, debedes de acudir ao centro respectando ditas pautas:
  • 1 persoa por familia
  • Con mascarilla
  • Respectar o distanciamento social 

Ademais, pedímosvos puntualidade porque sodes varias familias as que ides acudir ao centro.
Ao longo destes días, as titoras de cada curso enviarémosvos mediante TokApp unha mensaxe coa hora na que debedes de acudir ao centro.
Se algunha familia non pode vir na cita proposta debe poñerse en contacto coa secretaria do centro e concertar outra cita previa para realizar a recollida do material dunha forma segura.

Un saúdo, as titoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario