lunes, 25 de mayo de 2020

DÍA DA MÚSICA E DO BAILE

Bos días familias!


Benvidos á Semana Cultural Virtual do Colexio Eduardo Pondal!


Durante esta semana propoñerémosvos diferentes actividades que teredes que inmortalizar cunha fotografía ou vídeo. Ditos días estarán adicados a unha temática concreta.

  • Luns 25 - MÚSICA E BAILE
  • Martes 26 - DEPORTE
  • Mércores 27 - TEATRO
  • Xoves 28 - libre*
  • Venres 29 - libre*
  *Estes dous días deixarémosvolos libre para que teñades tempo para realizar as diferentes actividades.

Teredes como data límite para enviar as imaxes e os vídeos ás titoras, o sábado 30.



DÍA DA MÚSICA E DO BAILE



Hoxe teredes que gravarvos nun vídeo cantando e bailando a canción "Eu son un artista", tamén podedes acompañalo tocando algún instrumento que teñades na casa ou crealo vós mesmos (gaita, pandereta, frauta, cunchas, guitarra, etc.) 





Esperamos os vosos vídeos!


Un saúdo.😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario